Contido coa etiqueta .
Aforro De Auga

Activada a prealerta por seca na contorna de Pontevedra ao descender o caudal do río Lérez
28/08/2024 15:56
Augas de Galicia recomenda un consumo responsable e, aínda que non impón restricións á auga, pide aos concellos que adopten medidas
Os concellos afectados son: Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Forcarei, Marín, Meaño, Moraña, Pontevedra, Poio, Ponte Caldelas e Sanxenxo

Ares celebra a festa indiana con queixas pola subministración de auga
17/08/2024 14:18
Ares viaxa atrás no tempo en lembraza da emigración a América
Residentes na vila quéixanse dos problemas que hai na subministración de auga

Unha parroquia de Bande corta a auga de noite porque os usuarios detectaron exceso de consumo
21/07/2024 17:58
Dende a medianoite ata as sete da mañá non hai abastecemento da traída veciñal
A causa do exceso pode deberse ao gasto dalgún veciño ou a fugas na rede de tubaxes
Cedéronlle ao Concello a xestión da traída parroquial para que repare as avarías e instale contadores individuais
Inundacionsorenseperigo.png)
España afronta o verán con 11.000 hm³ máis de auga nas represas que en 2023
25/05/2024 10:10
Os encoros galegos superan o 88 por cento de media da auga almacenada: Galicia-Costa (86,1 %), Miño-Sil (90,1 %) e Cantábrico Occidental (91,8 %)
Contrastan os datos cos das cuncas internas de Cataluña, (27 %) e a do Segura (23,8 %), esta a que menos caudal acumula

As presas galegas do Miño-Sil e de Galicia-Costa son as que teñen máis auga de España
19/05/2024 13:37
Os encoros do Miño-Sil coma os de Galicia-Costa superan o 95 e o 93 % respectivamente de auga

Os encoros galegos están por riba da media desta época
05/05/2024 21:32
As presas galegas están ao 85 % da súa capacidade
A borrasca retírase e de cara ao mércores agárdase unha suba notable das temperaturas

Actividades educativas para promover un consumo responsable da auga
22/03/2024 14:07
Os cativos coñecen como se xestiona a auga

O alumnado de Carballo descobre os procesos de potabilización e depuración da auga
19/03/2024 14:49
Gestagua e o Concello organizan visitas para todos os centros de primaria
Fano esta semana ao fío do Día Mundial da Auga que se celebra o 22 de marzo
Pretenden que sexan máis conscientes como consumidores do que supón abrir a billa

Unha empresa galega aposta polas desalinizadoras
12/02/2024 16:04
O proceso de potabilizar a auga aínda é caro pola enerxía que consome

As auditorías revelan perdas de ata o 70 % nalgunhas redes de abastecemento de auga
17/11/2023 14:23
A nova normativa esixe reformas para controlar avarías, fugas ou enganches ilegais
O obxectivo é que as perdas non superen o 20 %
As novas tecnoloxías posibilitan o control remoto da rede en todo momento
.png)
A zona do alto Miño e a do baixo Sil están en prealerta por escaseza de auga
27/08/2023 19:12
Os caudais dos ríos están en Galicia un 19,4 % por debaixo da media histórica
As reservas nos encoros están ao 63,5%

A Xunta amplía a prealerta por escaseza de auga á zona de Pontevedra e Camariñas
23/08/2023 11:49
A Pontevedra e Camariñas súmanselles as que xa estaban: A Coruña, Baiona e Carballo
Continúa activada a situación de seca prolongada no norte de Galicia, desde a zona do río Mero, na Coruña, ata a ría de Ribadeo

Medidas preventivas en Lugo ante a escaseza de auga antes da declaración de alerta por seca
19/08/2023 14:23
Reduce a auga empregada na limpeza de rúas e conservación de xardíns
En zonas da Mariña houbo que restrinxir o uso a cuestións esenciais

A Mariña, con seca prolongada, ten seis concellos con restricións
19/08/2023 14:06
A Hidrográfica Miño-Sil alenta a que se reduza o consumo de auga

Lugo, Carballo e Ribadeo implantan medidas preventivas de aforro de auga
17/08/2023 14:17
En Lugo diminuirán nun 30 % o volume de auga empregada para regar xardíns e nun 50 % o destinado ao baldeo das rúas
En Ribadeo prohíbese encher piscinas, regar, facer baldeos ou lavar vehículos e fachadas
En Carballo pecháronse as fontes decorativas e eliminarán os baldeos e reducirá as regas nas zonas verdes

Galicia vixía as súas reservas de auga e activa medidas antes de entrar en "risco efectivo"
13/08/2023 12:49
"É un toque de atención", apunta o xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil apela aos concellos a tomar medidas para aforrar auga por se a seca se prolonga

Os concellos da área da Coruña piden un uso prudente da auga
12/08/2023 14:48
A Coruña prohibe o lavado de coches e establece limitacións para usos non prioritarios
Oleiros deixa sen auga as duchas dos areais
O encoro de Cecebre apenas supera o 60 % de ocupación

Xunta e concellos de Pontevedra acordan crear un ente para regular o abastecemento de auga
28/07/2023 15:49
Os concellos comprometéronse a aprobar a súa creación en outubro

Prealerta por escaseza de auga nas presas de Cecebre e Baiona e no río Anllóns
22/07/2023 13:56
A Xunta pide un consumo responsable e anima a adoptar medidas de aforro

En Amoeiro piden moderación no uso da auga tras detectar consumos "elevadísimos"
16/07/2023 21:00
Piden que a auga da traída non se utilice para encher piscinas ou para regar e que o seu uso se limite o ámbito doméstico
O de Amoeiro, con 2.450 veciños, é o segundo concello con máis piscinas na provincia de Ourense.

A ocupación do encoro de Cecebre é case un 20 % inferior que hai un ano
09/07/2023 13:59
A Xunta mantén a presa baixo vixilancia especial e pide un consumo responsable

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil deseña un novo plan contra a seca
14/06/2023 16:21
O plan especial contra a seca que pretende mellorar a eficiencia na xestión e subministración da auga
Pretende garantir un ben básico ante as estimacións que prevén unha redución considerable das precipitacións nos vindeiros 15 anos

22/05/2023 14:32
Con dispositivos eficientes pódense reducir os gastos ata un 40 %